Publicidad

Mostrando entradas con la etiqueta Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libro. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de septiembre de 2009

Entrevista a Don Pablo Pérez Fernández

Entrevista realizada por La Voz de Galicia el pasado 26 de Julio de 2009

O capelán xubilado da Armada Pablo Pérez (Vilanova de Trives, 1943) presenta hoxe (18.30 horas, na Casa da Cultura) na súa vila natal o seu último libro. Despois de varias incursións no mundo da poesía, agora da un xiro cara a «narración histórica», di, para contar a historia do antigo colexio Santa Leonor, no que el mesmo estudou entre 1950 e 1954, en Trives: historia de una institución docente. Unha obra que chega no centenario da posta en marcha do colexio, fundado por Eumenio Ancoechea en recordo de súa nai, mestra de profesión.

-¿Como naceu este libro?

-Hai tres anos desde a asociación de antigos alumnos pedíronme que o escribira, e funo facendo aos poucos. Para iso empreguei as actas anuais que os Hermanos de La Salle fixeron desde 1908 a 1967, que é cando marcharon de Trives. Son unhas actas que están no arquivo central Arcas Reales de Valladolid, e que un antigo alumno, Juan Manuel García, fotocopiou e me enviou para que eu puidera lelas. E o que fixen foi ir estruturando o que lía.

-O resultado son nada menos que 272 páxinas.

-É un libro estruturado en tres partes: unha primeira que conta a historia de Trives ata 1908; a segunda, que fala da historia do colexio; e unha terceira sobre a asociación de antigos alumnos e na que se inclúe tamén un relato do que pasou cos edificios do colexio [agora convertido en Centro de Interpretación]. E tamén hai moitas fotografías, porque a asociación recompilou máis de 200 imaxes antigas.

-Con todo o que significou Santa Leonor para Trives, ¿como chegou o seu final?

-Ata os anos 50 o colexio estaba orientado a preparar á xente cunha cultura xeral onde se incluían nocións de contabilidade, por se saían á inmigración. A finais do 58 transformouse en escuela de oficialía por parte de Saltos do Sil, que despois sería absorbida por Iberduero. Alí formaban aos seus traballadores, de feito varias promocións enteiras entraron a traballar alí, e por iso cando deixou de interesarlles (porque se centralizaron os servizos) a escola pechou, xa que a Fundación Ancochea non podía manter aos frailes.

-¿Daquela fala de máis cousas que o colexio en si?

-O libro é unha pequena historia de Trives. Os feitos do colexio eran feitos da vida de Trives, por iso hai moitas anécdotas e feitos que pasaron fóra do centro.

-Hoxe preséntase dentro dos actos enmarcados no centenario da fundación do centro, nos que se reencontran moitos triveses espallados polo mundo.

-Si, somos máis de 150 socios, e o número sigue medrando. E moitos, coma min, non vivimos en Trives, así que nos vemos na asemblea da asociación, que sempre (desde a súa creación no 2000) é o terceiro sábado de agosto, pero que este ano se cambiou porque os Hermanos de La Salle non podían vir nesas datas.

-Esta tarde aínda non se poderá tocar o libro, xa que aínda está na imprenta, pero pronto será palpable.

-A Deputación imprimiranos 1.000 copias [o deseño correu a cargo da empresa catalá Dúplex Creativos, propiedade doutro antigo alumno do Santa Leonor], que repartiremos primeiro aos socios e despois distribuirémolo a todas os Centros Gallegos que hai no mundo. E o resto poranse de venta ao público.

-E antes, ao mediodía, hai unha comida popular no xardín.

-Normalmente as reunións son para os socios, pero este ano, coincidindo co centenario, quixemos abrir a celebración a todo o pobo. E seremos sobre 160 persoas na comida.

Fuente: La Voz de Galicia


viernes, 3 de abril de 2009

La Diputación edita un libro que recoge la historia del colegio Santa Leonor de Trives en su centenario

La Diputación presentó ayer el libro Trives, una institución docente. De Santa Leonor a Virgen de la luz, que recoge la historia del colegio trivés inaugurado en el año 1908 por los hermanos La Salle. Aunque el centenario de la institución educativa se cumplió, por tanto, el año pasado, la edición del libro tuvo que retrasarse por diversas circunstancias. De hecho su autor, Pablo Pérez Fernández, conocido en la villa trivesa como Pablo de Vilanova, no pudo asistir ayer a la presentación del libro por una enfermedad.

Berardo Araújo, secretario de la asociación de antiguos alumnos y colaborador de Pablo Pérez en el acopio de datos para el libro, fue el encargado de explicar los objetivos del libro. Estos son, según dijo, la recuperación de la memoria colectiva de los triveses, influida de manera decisiva por el centro educativo. El volumen tiene como principal fuente de información las actas anuales que, primero a mano y después a máquina, fueron escribiendo los hermanos La Salle. Además recoge los acuerdos de la asociación de antiguos alumnos desde que esta fue creada y aparecen numerosas fotos antiguas y actuales de los escolares que pasaron por el colegio.

Esta es la primera obra de carácter histórico que crea Pablo Pérez, que hasta ahora había escrito varios libros en gallego y castellano y en prosa y poesía, pero todos de ficción. El servicio de publicaciones de la Diputación ha editado 800 copias de Trives, una institución docente. De Santa Leonor a Virgen de la luz que se pueden adquirir en librerías a través de Galaxia.
Fuente: La Voz de Galicia