Leva dous anos liderando un goberno de Trives en minoría, despois dunha primeira estadía de apenas doce meses. Máis o momento económico é diferente. Tamén os gobernos de Xunta e Estado. Todo inflúe, segundo di Francisco Fernández, da Agrupación Trivesa Independente, no traballo do día a día.
-¿Que valoración fai deste tempo?
-Foron dous anos convulsos; pola situación externa do Concello, porque estamos gobernados a golpe de decreto a nivel nacional, estamos totalmente intervidos polo Goberno, e a marxe de manobra é escasa; e tamén pola situación interna, gobernar en minoría imposibilita desenrolar o programa. Sobre todo co fundamentalismo que exerce a oposición.
-¿A que se refire?
-Fundamentalismo do non sistemático, de non deixar facer. Cando posturas ideolóxicas tan dispares como PP e PSOE votan no mesmo sentido, será que estamos facendo as cousas ben. Se sumamos as trabas desde dentro do Concello, que se non poñen as cousas máis difíciles, bastante é sobrevivir.
-¿Os que quedan serán dous anos para sobrevivir ou para tirar a toalla?
-Cos anos un faise máis forte á adversidade. Non imos deixar que intereses persoais gañen no Concello. Non vou nin vamos tirar a toalla; a pesar de que se faga costa arriba. Iso seguro.
-¿Que diferenza hai entre estes dous anos de mandato e os dous primeiros do mandato anterior?
-O anterior foi un ano na alcaldía [despois PP e PSOE presentaron unha moción de censura], esta vez son dous. ¿As diferenzas? Os condicionantes exteriores eran outros, había outro goberno da Xunta e do Estado, e outra situación económica. Desde o punto de vista interno, os nomes [en PP e PSOE] cambiaron, pero a situación permanece. O anterior mandato acabou como acabou... As limitacións de agora non son só pola minoría, tamén a situación económica actual condiciona. Pero tamén é certo que nas anteriores eleccións non fomos a lista máis votada. Esta vez gañamos.
-¿Teme que se repita unha moción de censura?
-A espada de Damocles está no día a día, pero confío na palabra do edil socialista, que dixo nun pleno, e consta na acta, que non habería moción de censura.
-Valore á oposición...
-A oposición cumpre a parte fiscalizadora. Están ao día a día de todo, decretos, facturas, incluso do gasto teléfono dos concelleiros... Non poden dicir que non teñen acceso á información. Pero incumpren una parte esencial, a capacidade creativa, de facer propostas. Non presentaron unha soa moción neste tempo que non fora a de pedir o pago da débeda á mancomunidade. ¡A única que presentan vai contra os intereses do concello! Non propuxeron absolutamente nada.
-¿Que dous anos cre que lle esperan a Trives?
-Agardo que bastante mellores que estes. As expectativas que temos desde o Concello é que continuamente presentamos proxectos a subvencións, para que se copaguen desde a Xunta. Ademais, nesta campaña de inverno, a estación de esquí terá novidades. Serán cousas que farán de Trives un concello atractivo para vir e tamén para quedarse a vivir.
Francisco José Fernández alcalde
No hay comentarios:
Publicar un comentario