Publicidad

viernes, 6 de diciembre de 2013

“A trives levarei cadros de facianas creadas por min, non son retratos'

O pintor Xulio Fontes exporá unha mostra da súa obra no centro Santa Leonor de Trives. Estará aberta ó público dende o veindeiro día 5 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2014, coincidindo a clausura co Día de Reis.

Que obra vai expoñer no centro Santa Leonor?

Vai ser unha colección que leva por nome Facianas e vai ser toda de rostros. Unhas 22 obras serán sobre lienzo e despois vai haber seis ou oito máis que fixen sobre palés de madeira. Gústame a creación, son moi creativo. Tamén traballo con pedra, anque non vou levar ningunha peza á exposición de Trives.

Que tipo de palés utiliza nas súas creacións?

Son palés reciclados. Non utilizo os da construcción, senón outros máis pequenos, feitos para transportar cousas de pouco peso. A pintura que aplico sobre eles é o acrílico, mais antes de pintar aplícolle un tratamento ao palé para evitar as polillas. A maioría dos lienzos que exporei en Trives tamén foron feitos en acrílico. Pode haber dous óleos, pero case todos son en acrílico.

Os rostros da colección Facianas son retratos?

Van ser todas facianas creadas por min. Non se trata de retratos, senón de creaciones un tanto surrealistas.

Que estilos utilizou no conxunto da súa obra?

Pinto dende pequeño e participei nunhas trinta exposicións, entre individuais e colectivas. Teño feito pintura de distintos estilos: simbolista, impresionista ou surrealista. O realismo non vai comigo. As paisaxes que pinto teñen un aspecto onírico, de algo imaxinado

No hay comentarios:

Publicar un comentario