O bacheo das estradas de titularidade municipal , as obras de acondicionamento da Corredoira da Barreira, e as que se iniciarán próximamente no tramo que une a Calle Corval con Vilaprimeira, ademais do asfaltado da travesía de Escuadrio son o comezo dun programa que leva a cabo o Concello de Trives basado na mellora e mantemento de infraestructuras viarias e accesibilidade.
Estas obras son posibles grazas a un convenio coa Deputación Provincial e a una subvención da Xunta de Galicia destinada a mellora de camiños no rural, que sumados ás aportacións do Concello suman una inversión aproximada duns 90 000 euros.
Outra intervención destacada foi o arranxo do camiño que vai á Manzaneda dende a Encomenda, englobado na Rede Natura cuias obras realizou a empresa pública Tragsa e que consistiron no alisado do pavimento e na construcción de cunetas para evitar a erosión producida pola choiva . O prezo desta obra ascende aproximadamente ós 18.000 euros.
Por outra banda hai que destacar os traballos de limpeza de parques e diversos espazos públicos, así como o acondicionamento e pintura de edificios do concello que está levando a cabo unha brigada de tres persoas, un oficial e dous peóns, contratados a través dos planes de cooperación do estado.
LAMENTO DO CONCELLEIRO
O concelleiro de Medio Ambiente e Obras no Concello de Trives, Domingo Diéguez, lamenta non poder ter feito estes traballos antes por falta de persoal axeitado .
Diéguez lembra que con anterioridade, o equipo de goberno levou a pleno a declaración de esencialidade dos traballos de xardinería e a oposición votou maioritariamente en contra, imposibilitando desta maneira a contratación de persoal para este fin.

No hay comentarios:
Publicar un comentario