A ponte de Bibei é a ponte romana mellor conservada de Galicia.
Foi construida enrriba do rio Bibei, rio que transcorre polas provincias de Zamora, Lugo e Ourense. A ponte foi construída para o paso da Vía Nova.
Para a súa construción, elixiuse un lugar onde o río Bibei transcorre encaixado, sendo o leito bastante uniforme cunha profundidade de 3 metros. Neste punto a rocha aflora á superficie, o que permitiu unha boa cimentación.
Estamos ante unha impresionante obra de 75.15 m de longo e 7.05 de ancho. O seu arco central elévase 22.5 m sobre o leito do río. A luz dos arcos é de 6.1 m, 18.5 m e 8.8 m., de esquerda a dereita e o ancho dos piares de 4.2 m. Esta construído con cadeirado granítico almofadado en "Opus Quadratum" e asentada en seco. Os piares están asentados sobre rocha e son perpendiculares á calzada.
A súa estrutura é rectangular e presentan tallamar triangular augas arriba. Na súa orixe, os tallamares tiñan a parte superior plana, a actual piramidal é froito das reformas de 1.861.
As bóvedas son de cadeirado con doelas regulares. Aprécianse perfectamente os tacos e barbacás que serviron de apoio ás cimbras dos arcos. Tamén podemos apreciar, en ambas as dúas marxes, os muros que serviron de condución. Estes presentan alturas de 9 e 5 m. e lonxitudes de ata 17 m. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional o 3 de xuño de 1.931.
Esta ponte está ben cimentada sobre un afloramento de xito. Na súa factura revélanse algunhas das características das pontes romanas: é unha ponte ancha, ten fiadas alternas de perpiaño e está realizado con canteira almofada.
Fuente: Dives Gallaecia
No hay comentarios:
Publicar un comentario