Fai catro anos, a candidatura independente de Francisco José Fernández conseguiu romper a maioría absoluta que Luis Álvarez ostentou durante 20 años. Un pacto cos socialistas levouno á alcaldía, máis só conservou o bastón de mando un ano. A ruptura do pacto de goberno pronto desembocou nunha moción de censura.
-¿Visto o que pasou, pactará de novo tras o 22-M se non acada a maioría absoluta?
-Vamos esperar a ver os resultados, e, ademais, como nesta agrupación todo se decide de modo asembleario, non o podería dicir agora mesmo. A ver, se os candidatos do PSOE foran os mesmos, xa diría rotundamente non.
-¿Que farán vostedes?
-O que está feito, que funcione, despois xa miraremos de cambialo se é preciso, pero, por exemplo, se hai unha billa no cemiterio, que bote auga. E despois, algunhas pequenas cosas que podemos facer cun pequeno desembolso económico, como o final das beirarrúas da rúa San Martín, que nun tramo de 10 metros teñen un ancho de 20 centímetros. E queremos seguir cos grandes proxectos que se viron capados hai tres anos.
-¿Cales son?
-Executar o proxecto do parque empresarial. No ano de goberno tiñamos o plan parcial, agora teríamos que buscar o capital, e xa temos pensadas diferente alternativas. En servizos sociais queremos dar axuda no fogar, e no ámbito turístico hai que ofrecer outras alternativas de ocio. Para iso estaba o noso proxecto de área recreativa no río Fiscaíño, que retomaremos.
FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO cANDIDATO DE ATI
No hay comentarios:
Publicar un comentario