Publicidad

domingo, 5 de junio de 2011

O IES X. Ancochea de Trives celebra os seus 25 anos

O IES Xermán Ancoechea de Trives cumpre 25 anos e para festexalo a dirección do centro está a preparar un variado programa, cun acto central previsto para o 28 de maio. “Despois do paso polo centro de tanta xente, alumnado e familias, profes e persoal de administración e servizos, ao longo de todos estes anos, o que se pretende agora para celebrar esta data é invitar á participación do maior número de xente posible, de entre todas e todos aqueles que tiveron algo que ver co instituto”, sinalan dende a dirección do instituto.

Así dentro do programa de actividades que se está a preparar figuran a creación dun perfil en Facebook do Xermán Ancochea Quevedo, a recopilación de fotografías para montar unha exposición nas dependencias do centro, a elaboración da revista escolar “Pousafoules” (cunha edición especial polo 25 aniversario, así como a confección das orlas correspondentes a todas as promocións do centro.

O acto conmemorativo deste 25 aniversario comezará ás 12:00 h. do 28 de maio na aula de cultura do Concello de Trives e tras el terá lugar un xantar nas instalacións do instituto. Tamén se impartirá unha conferencia sobre a figura de D. Xermán Ancochea Quevedo, que dá nome ao centro.

Ademais elaborarase unha pancarta promocional do 25 aniversario. “A participación a través das diversas actividades é o que lle dá verdadeiro sentido e significado a estes 25 anos”, destacan dende a dirección do instituto.


Fuente: O Sil

No hay comentarios:

Publicar un comentario