Publicidad

viernes, 2 de noviembre de 2012

Trives acollerá o primeiro encontro de violín popular

A Central Folque e o Concello da Pobra de Trives teñen organizado para a próxima fin de semana a primeira edición do encontro de violín popular. 

O programa iniciarse o venres 9 cunha sesión didáctica sobre O violín de Courtier, a partir das dez da mañá. Xa pola noitiña, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura terá lugar o concerto de Talabarte; desta volta aberto ao público en xeral. O sábado, ás sete haberá un foro sobre Paisaxes histórico-musicais das Terras de Trives e o concerto de Comisa Bal. Para pechar, o domingo ás 18.30 horas actuará Pancho Álvarez. Todas as actividades teñen entrada de balde. 

Oportunidade de aprender
Mais non é todo. Xa na fin de semana, na casa rural Os Trintas de Trives (que colabora na organización do encontro) terá lugar un curso intensivo de violín, impartido por Pancho Álvarez. O custe por asistir é de 140 euros, máis o prezo inclúe tamén o aloxamento en réxime de pensión completa na casa rural dende o venres ao domingo. Os interesados poden recibir máis información en www.folque.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario