Os versos de Manuel Luís Acuña voltaron onte
cobrar vida no seu Trives natal. Foi da boca dos cativos do colexio, que
recitaron algúns das súas composicións, e tamén dos alumnos da
facultade de Ciencias da Educación de Ourense, e tamén da profesora
portuguesa Marília Julieta Rodrígues, e por boca doutras bocas que
quixeron recuperar as letras de Fírgoas, aquel poemario que publicou no
1933, antes de que a Guerra Civil trocase a súa vida para sempre ao ter
que abandonar o corpo de maxisterio para dedicarse á ensinanza privada.
Acuña deixou onte de ser só o nome do colexio ou o
home que reproduce un busto fronte ao consistorio para ser un poeta que
todos recitaron con paixón. A mesma coa que pouco antes se escoitara a
historia doutros triveses ilustres, os músicos Os Trintas; que formaron
parte do programa do quinto Congreso Manuel Luís Acuña, que hoxe
continúa na Casa da Cultura. Será un día con recordo especial a Antonio
Caneda, mestre de San Xoán de Río, cando se cumpren 75 anos da súa morte
como un dos Mortos do 36, título da conferencia que impartirá Xosé
Manuel Cid. Será o comezo dunha xornada de relatorios que rematará ás
sete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario