Publicidad

viernes, 19 de abril de 2013

Aprobada a Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello da Pobra de Trives

Artigo 1º.- Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello da Pobra de Trives.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello da Pobra de Trives.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario