Publicidad

sábado, 5 de noviembre de 2011

A cidadanía segue amosando o seu apoio e respaldo á estación invernal de Manzaneda

No día de onte CCOO continuou coa recollida de sinaturas de apoio polo futuro da Manzaneda Estación Invernal na feira de Trives, na que os veciños da zona participaron masivamente.

A pesar do temporal de auga e vento que asolou a provincia, no día de onte, 2 de novembro, as persoas que acudiron á feira de Trives quixeron participar masivamente na recollida de sinaturas que está levando a cabo CCOO en defensa e polo futuro da Manzaneda Estación Invernal (MEISA), dos 52 postos de traballo fixos, das mais de 300 contratacións temporais e dos mais de 500 empregos indirectos.

CCOO quere destacar a boa acollida que estas inciativas están a ter entre a poboación da bisbarra.

CCOO insiste en que MEISA debe ser o motor que dinamice a economía da bisbarra e da provinia e que unha política de inversións e unha xestión axeitadas poden convertir a esta estación invernal nun referente dentro do sector, dinamizando a economía local. CCOO leva recollidas mais de mil sinaturas, sen contar os follas espalladas por toda a bisbarra, que aínda están por recoller.

CCOO continuará con estes actos ata que a Xunta de Galicia, principal accionista de MEISA, presente un plan de viabilidade para a estación invernal, con inversións concretas que garantan o seu futuro.

Hoxe, 3 de novembro a mesa de recollida de sinaturas estará ubicada na feira de Castro Caldelas, onde se espera recoller mais apoios e respaldos a esta iniciativa por parte da cidadanía.

CCOO anuncia, tamén unha concentración diante da sede central de Novacaixagalicia Banco en Ourense, na Avda. de Pontevedra o venres, 4 de novembro e a recollida de sinaturas na feira de Chandexa de Queixa o sábado, 5 de novembro.

Fuente: Xornal Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario