Publicidad

jueves, 25 de agosto de 2011

Vaamonde, Lamas & Romero

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica (“Tres Tristes Trintas”) cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.

Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que trunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Fuente: A Selva de Esm

No hay comentarios:

Publicar un comentario