O marquesado de Trives xurde da unión de dúas familias da sociedade trivesa mediante un matrimonio existente entre ambas.
A familia Casanova ten un maior arraigo na sociedade trivesa que a familia Alvarado, xa que a súa chegada ó municipio é máis reciente e gozan dun maior arraigo na vila. Nesta familia son diversas as personaxes que deberíamos tratar, pero centrareime nas que teñen importancia na época contemporánea.
En primeiro lugar, hai que destacar a Joaquín Casanova Pérez (1772-1857), avó materno do primeiro marqués, dirixente das tropas da vila coas que se expulsan ós franceses no ano 1809, durante a Guerra da Independencia. A filla de Joaquín Casanova Pérez, Jacinta Casanova Domínguez de Losada (1802-1852), surxe do matrimonio entre éste último e Rosa Domínguez de Losada (pertencente á Casa da Pena). A casa da Pena é unha das moitas familias fidalgas existentes na comarca, e estivo unida durante os séculos XVII e XVIII á familia Quiroga (1).
Por último, facer referencia a outro dos protagonistas no ámbito político dentro da familia Casanova: Alfredo Casanova Fernández (2), tenente-alcalde de Barcelona durante os anos 40 do século XX.
A familia Alvarado ten a súa orixe en Lugo, concretamente en Monforte de Lemos, e chega á vila a principios do século XIX. O primeiro Alvarado en chegar a Trives foi Buenaventura Alvarado Núñez.
Buenaventura Alvarado (3) nace en Monforte de Lemos, foi xuíz de Pobra de Trives e termina a súa carreira coma Fiscal do Tribunal Supremo. Toma protagonismo en moitas das reformas administrativas de carácter comarcal, desempeña unha defensa recia pola conservación do distrito parlamentario de Trives. Buenaventura casa con Jacinta Casanova Domínguez de Losada, e como froito desta unión de dúas familias influíntes nace Nicanor Alvarado Casanova, primeiro marqués de Trives.
Ámbalas dúas familias constitúen un importante punto de inflexión na historia contemporánea do municipio, e a súa unión constitúe o momento de despegue político da comarca.
Nicanor Alvarado Casanova primeiro marqués de Trives
Nace en Trives no ano 1830 sendo os seus pais Buenaventura Alvarado Núñez e Jacinta Casanova Domínguez de Losada. Durante os primeiros anos da da súa vida vive na vila ata que emprende a súa formación académica. Estudia dereito na Universidade de Salamanca e inglés e francés en ámbolos dous países.
Dedicouse dende moi novo á política e a traballar polos intereses do seu pobo, foi seguindo os pasos do seu pai agardando unha oportunidade para participar políticamente. Pertencente ó partido moderado (4) fiel á dinastía. Neste momento xunto con Álvarez Bugallal combate contra os vellos integrantes dos partidos liberais.
Prodúcese unha forte loita na que tanto Bugallal coma Alvarado Casanova derrotan a A. Torres Valderrama e Suárez de Puga respectivamente. Desta maneira foi como acadou ser parlamentario na lexislatura de 1858 a 1863 (5).Nesta primeira lexislatura xoga un papel importante xunto co seu pai por acadar para Trives o distrito xudicial permanente, algo que consegue xa no ano 1859.
Novamente obtivo a representación na lexislatura dos anos 1863-1864 (6), tamén nesta ocasión se enfronta a Suárez de Puga e, aínda que Alvarado era candidato ministerial sendo apoiado polo goberno, Puga conseguiu un importante número de votos. Esto fixo que éste último impugnara a acta das eleccións (7). Así Alvarado xura o seu cargo o 19 de abril de 1864, xa o final da lexislatura.
Antes da revolución de 1868, que deu paso ó Sexenio, desempeña diversos cargos (8): xefe de sección do Ministerio de Fomento, subsecretario de Gracia e Xustiza, secretario de despacho da raíña Isabel II e asesor da coroa en cuestións xurídicas (9). Oponse ó levantamento de 1868, retirándose parcialmente da vida política ata 1871.
No ano 1875 prodúcese a chegada de Alfonso XII como nova figura rexia e decide outorgar o primeiro título (10) nobiliario do seu reinado a Nicanor Alvarado de Casanova. Este título pode ser como consecuencia dos servizos prestados á coroa durante a etapa da súa nai Isabel II.
Segundo a situación na que se produciu a concesión do título, pode darse a circunstancia que esta decisión fora aconsellada anteriormente pola súa nai. Na Restauración acada representación polo distrito de Trives nos anos 1876 (11), 1879 e 1884.
Nestes primeiros anos da Restauración participan en varias sesións presupostarias, nas que aborda diferentes temáticas: presupostos, cable telegráfico, organización dos tribunais e sobre a construcción de ferrocarrís (12).
Nos anos 84 e 85 o marqués trata de acadar diñeiro no parlamento para a construcción da actual igrexa parroquial, factor que está recollido nun libro parroquial (13) coas seguintes palabras: “D. Nicanor Alvarado, primer marqués de Trives, preclaro hijo de esta villa, caballero sin tacha, político en acción y excelente católico, secundado por el entonces Párroco de Piñeiro y después de la Puebla D. Pascual Porto, de feliz memoria ambos, fue el brazo elegido por Dios para reanudar y dar feliz término a las obras de tan deseada iglesia.
Este señor consiguió se diese un Decreto con fecha 16 de mayo de 1884 para terminar las obras de la referida iglesia y que estaban interrumpidas hacía ya veinte años por las causas apuntadas. (...)”.
Tras acadar a construcción da igrexa o marqués foi homenaxeado pola vila mediante a colocación dunha placa no templo acontecemento recollido polo párroco Bonifacio Arroyo Martínez.
Durante estos primeiros anos da Restauración son moitas as propostas que fai para favorecer á comarca, acadando a construcción da estrada Ourense-Ponferrada (que pasaba por Trives). Estos factores fixeron que a vila e a súa comarca foran unha das zonas máis prósperas de Galicia na segunda metade do século XIX.
Dentro da súa actividade política desempeñou o cargo de Senador (14) pola provincia de Ourense na lexilatura de 1887, ademais foi nomeado Senador vitalicio coa vacante producida polo falecemento de Estanislao Suárez Inclán na lexislatura de 1891-93. Nestes anos outorgáselle a gran cruz de Isabel a Católica.
No ano 1887 tense constancia das rentas das que dispón, acreditando varios títulos de débeda perpetua con valor total de 193.000 pesetas e unha renta anual destes valores de 7.720 pesetas.
No que respecta á vida personal do marqués estivo casado con Carlota Barroeta-Aldámar, coa que tivo unha única filla, que décadas máis tarde sería a segunda Marquesa de Trives, Jacinta Alvarado y Barroeta-Aldamar.
Ó longo dos anos nos que o marqués desenrola a súa actividade política, Trives viu chegar á súa comarca innumerables novidades urbanísticas. Ademais a relación do Exmo. Sr. Marqués co seu pobo destaca polo seu carácter servicial, gozando dun gran respeto e o recoñecemento como “bienhechor del pueblo”. Froito destes factores o Marqués ten unha rúa adicada no municipio e un panteón no templo parroquial.
O seu labor foi tan importante que en 1896 (15), rendíuselle unha emotiva homenaxe na vila. Os seus restos mortais foron trasladados ó seu pobo natal en xullo de 1901, e dende entón repousan no panteón familiar na Igrexa Parroquial de Pobra de Trives.

Fuente: O Sil (Febrero/2008)
Me ha gustado leer la historia del marquesado de Trives
ResponderEliminarHola quería en primeiro lugar agradecer a JRCG a publicación de este texto sobre o marquesado, decir para os que lle poida interesar, que existen outros textos que elaborei de historia de Trives no libro do III Congreso Manuel Luis Acuña publicado pola Xunta de Galicia en 2008. Moitas grazas e un cordial saúdo.
ResponderEliminarMi tatarabuelo era secretario de Concello de Trives: Pedro Pérez Rodriguez a finales del siglo 19, quisiera saber que papel jugaron los Pérez en Trives y si son originarios de trives.
EliminarNo, venían de fuera. Concretamente del antiguo alcalde de Orense Don Eladio Pérez Romero, cuya descendencia quedaría en "Pérez-"
ResponderEliminarEladio Pérez Romero es de 1900 y antonio Pérez Mercero fundo la casa grande de Trives siglos antes que este Eladio. Los Pérez llevan muchos mas siglos en Trives
ResponderEliminar