Publicidad

lunes, 9 de marzo de 2009

A Ponte Bibei

Está considerada como unha das mellores pontes romanas de Hispania xunto coa de Alcántara (Cáceres). A Ponte Bibei, en Trives, conserva íntegra a feitura romana. A súa construcción atribúese ó emperador de orixe hispano Traxano, en torno ó século I e II d.C..

Naceu ligada á Via Nova ou Vía XVIII do Itinerario de Antonino e foi construída en sillería almofadada, con tres arcos de medio punto moi peraltados, sendo o arco central maior cos laterais.


A súa sólida estructura érguese sobre tres arcos no fondo do canón do río. Trátase dun emprazamento coidadosamente pensado para salvar a corrente do Bibei, e aínda hoxe, moitos séculos despois da súa construcción, segue sendo unha ponte transitada xa que a estrada, a C-536, seguiu o trazado da anterior vía romana, e posteriormente dos camiños medieval e real.

A Bibei ten unhas dimensións de 75 metros de lonxitude, 7 metros de anchura e dende o arco central ata o leito do río hai 22,50 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario