Publicidad

lunes, 9 de marzo de 2009

Primeiros Marquese de Trives: Nicanor Alvarado Casanova e Jacinta Alvarado Barroeta-Aldamar

O Marqués Nicanor Alvarado Casanova representa sen ningunha dúbida a personaxe máis relevante da historia social da vila de Trives no século XIX. Nunha etapa na que Trives estaba habitado por numerosas familias acaudaladas, Nicanor Alvarado porpuxo crear un centro de reunión social: o Casino.


A casa do Casino foi feita por Antonino González Vázquez, fillo de Juan Domínguez de Losada (da casa da Pena), que formará parte dunha das familias burguesas da vila: a Casa Grande. Éste tiña casinos polo norte de Portugal e aventúrase a facer un en Trives (1).


No casino o propio Nicanor expoñía as súas ideas sobre as reformas urbanísticas a levar a cabo. Ademais facíao coa intención de recoller novas iniciativas que foran correctas e accesibles para a súa realización.


Ademais do Casino construírase na Alameda da vila un Liceo, que coa chegada de Eumenio Ancochea Boscossi, que posteriormente no ano 1908 convertirase no “primer colegio de los hermanos de la doctrina cristiana”.

Sorprendentemente Trives adquire un aire señorial que aínda hoxe en día conserva e prodúcese unha renovación urbanística coa construcción de casas por parte das novas clases pudientes chegadas dende finais do século XVIII e comezos do XIX.


O Marqués representa a unión entre os ideais políticos estatais e a concepción política local da vila. A súa importancia como político fixo que soupera mediar en conflictos da vila logrando verdadeiros éxitos.


Pero a característica que máis se destaca da súa persoa, é o verdadeiro interese que amosa pola vila, a pesar de desempeñar cargos o suficientemente importanes para que sexan de dedicación única.


Dentro destas relacións que o marqués mantiña co pobo, hai que destacar que na súa finca celebrábase anualmente unha festa co ánimo de reunir ás grandes familias de Pobra de Trives. Temos constancia da celebrada o 25 de agosto de 1891 (2), na que participan importantes familias da vila: Paz, Casanova, Ancochea, Gallego, etc.


Jacinta Alvarado Barroeta-Aldamar, segunda marquesa de Trives


A segunda marquesa de Trives, Jacinta Alvarado, casou con Fernando Maldonado y González de la Riva, sexto marqués de Castellanos e segundo vizconde da Hormaza. Do seu matrimonio naceu María Luisa Maldonado y Alvarado, terceira marquesa de Trives, e sétima de Castellanos.


Esta segunda etapa do marquesado, é menos fructífera que a primeira por dúas causas principalmente: a marquesa ten menos repercusión que a do seu predecesor no marquesado producíndose un cambio no plano político, xa que non podía representar a Trives polo distrito parlamentario ó igual que fixera o seu pai.

Este factor fai que a enfeudazación que Nicanor tiña sobre o distrito, pase a mans do Conde Moral de Calatrava no ano 1901. Tampouco desempeñou cargos políticos relacionados coa coroa, ademais o seu marido Fernando non tivo como Nicanor un papel importante no plano político.


Ademais a presencia da Marquesa no ámbito municipal era menor con respecto a do primeiro Marqués, desta maneira descoñecía as necesidades políticas da vila.


O seu protagonismo céntrase en diversos cargos simbólicos, pero que dan proba do seu apoio a cultura comarcal.

Outorgáselle a presidencia de honra do Orfeón Courtier, ademais impulsa o papel da muller en Trives, creando unha asociación de veciñas que se reunían no edificio das monxas Josefinas. Ademais foille cedida a presidencia da cofradía do Cristo, que anteriormente tivera o seu pai.


Co seu matrimonio con Fernando Maldonado y González de la Riva, viuse acrecentada a riqueza do marquesado, ademais a familia adquire un novo marquesado e un vizcondado.


Un dos poucos intentos que a marquesa desempeña dentro do eido político foi acadar o ferrocarril para o municipio, o igual que fixera o seu pai. Neste senso estivo axudada por Heliodoro Gallego Armesto, coñecedor desta temática.


A marquesa morre en Madrid no ano 1921 sendo enterrada no panteón do marquesado da igrexa parroquial do municipio.

Fuente: O sil (Mayo/08)

2 comentarios:

  1. Creo que deberías poñer a fonte de onde tomas estes textos históricos. Novamente digo que estos aspectos de historia política están no libro de Actas do III Congreso Manuel Luis Acuña e no periódico O Sil.

    ResponderEliminar
  2. Quisiera saber si en esa reunión de familias estaban los Pérez, mi tatarabuelo era Pedro Pérez Rodríguez y era secretario del ayuntamiento por esa época.

    ResponderEliminar