O IV Congreso Manuel Luís Acuña reunirá entre o 19 e o 21 de novembro en Trives algúns dos principais intelectuais do noso país. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro ou Víctor Coyote son algúns dos que participarán nas xornadas dedicadas á figura deste mestre e xornalista republicano. Documentais, mesas redondas, conferencias sobre os tempos do franquismo e outras actividades conforman o programa. No mesmo tamén se inclúe unha conferencia homenaxe a Marcos Valcárcel, que impartirá o propio Xosé Ramón Barreiro.
Fuente: Cultura Galega
Fuente: Cultura Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario