-¿Como naceu este libro?
-Hai tres anos desde a asociación de antigos alumnos pedíronme que o escribira, e funo facendo aos poucos. Para iso empreguei as actas anuais que os Hermanos de La Salle fixeron desde 1908 a 1967, que é cando marcharon de Trives. Son unhas actas que están no arquivo central Arcas Reales de Valladolid, e que un antigo alumno, Juan Manuel García, fotocopiou e me enviou para que eu puidera lelas. E o que fixen foi ir estruturando o que lía.
-O resultado son nada menos que 272 páxinas.
-É un libro estruturado en tres partes: unha primeira que conta a historia de Trives ata 1908; a segunda, que fala da historia do colexio; e unha terceira sobre a asociación de antigos alumnos e na que se inclúe tamén un relato do que pasou cos edificios do colexio [agora convertido en Centro de Interpretación]. E tamén hai moitas fotografías, porque a asociación recompilou máis de 200 imaxes antigas.
-Con todo o que significou Santa Leonor para Trives, ¿como chegou o seu final?
-Ata os anos 50 o colexio estaba orientado a preparar á xente cunha cultura xeral onde se incluían nocións de contabilidade, por se saían á inmigración. A finais do 58 transformouse en escuela de oficialía por parte de Saltos do Sil, que despois sería absorbida por Iberduero. Alí formaban aos seus traballadores, de feito varias promocións enteiras entraron a traballar alí, e por iso cando deixou de interesarlles (porque se centralizaron os servizos) a escola pechou, xa que a Fundación Ancochea non podía manter aos frailes.
-¿Daquela fala de máis cousas que o colexio en si?
-O libro é unha pequena historia de Trives. Os feitos do colexio eran feitos da vida de Trives, por iso hai moitas anécdotas e feitos que pasaron fóra do centro.
-Hoxe preséntase dentro dos actos enmarcados no centenario da fundación do centro, nos que se reencontran moitos triveses espallados polo mundo.
-Si, somos máis de 150 socios, e o número sigue medrando. E moitos, coma min, non vivimos en Trives, así que nos vemos na asemblea da asociación, que sempre (desde a súa creación no 2000) é o terceiro sábado de agosto, pero que este ano se cambiou porque os Hermanos de La Salle non podían vir nesas datas.
-Esta tarde aínda non se poderá tocar o libro, xa que aínda está na imprenta, pero pronto será palpable.
-A Deputación imprimiranos 1.000 copias [o deseño correu a cargo da empresa catalá Dúplex Creativos, propiedade doutro antigo alumno do Santa Leonor], que repartiremos primeiro aos socios e despois distribuirémolo a todas os Centros Gallegos que hai no mundo. E o resto poranse de venta ao público.
-E antes, ao mediodía, hai unha comida popular no xardín.
-Normalmente as reunións son para os socios, pero este ano, coincidindo co centenario, quixemos abrir a celebración a todo o pobo. E seremos sobre 160 persoas na comida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario