Publicidad

martes, 28 de julio de 2009

3.500 racións acompañadas con licor

O domingo, día 2, será a 37 edición da Festa da Bica. Unha das citas gastronómicas máis veteranas da provincia. Instalaranse dúas carpas e a partires das 14.30 ata as 15.30 horas poderase degustar este doce típico da zona. Para elo prepararanse 3.500 racións de bica e 3.000 chupitos, segundo comentou o alcalde trivés, Luis Álvarez. «Esperamos ter moita xente porque os que están fóra veñen agora á súa terra», subliñou. Nesta ocasión a festa faise o primeiro domingo de agosto e non o último de xullo porque coincidiu copas festas do Apóstolo. Para a bica e as gaitas Meisa ofrece as súas instalacións nesta cima natural, que non é a máis alta de Galicia pero que ten unhas vistas e paisaxe de impresión.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario