Publicidad

martes, 28 de julio de 2009

A bica e o certame de bandas de gaitas volven a Manzaneda

Música tradicional galega e gastronomía das Terras de Trives. A vindeira fin de semana a festa estará asegurada na Cabeza de Manzaneda onde os Concellos de Manzaneda e Trives organizan a 37 edición da Festa da Bica xunto coa 19 edición da Final do Campionato Galego de Ligas de Banda de Gaitas, acto este que tamén organiza a Federación Galega de Bandas de Gaitas , A Escola Provincial de Gaitas e Meisa. «será unha gran escola de bandas de gaitas e gaiteiros nun evento que ten carácter internacional», dixo Xosé Lois Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas.

No cumio de Manzaneda vanse dar cita unhas oitenta bandas e catro mil gaiteiros, segundo os cálculos de Foxo. Acudirán bandas de toda a península Ibérica. Este ano hai dúas, unha de Valencia e outra de Murcia que se distinguen das outras en que non naceron nun centro galego. É máis, non están formadas por xente que teña lazos con Galicia. Os seus compoñentes son xóvenes levantinos que gustan da música tradicional galega. Haberá unha homenaxe a un artista local. Nesta ocasión, á señora Luzdivina Pérez Ricoy, que colaborou en varios discos. Vive en Soutelo (Manzaneda) e, segundo Foxo, trátase da «cantora coa voz máis fina dentro dos cantares de seitura». Esta homenaxe será o sábado pola noite, dentro dun Fiadeiro Celta, que levará imaxe, son e luz, como subliñou Manuel Garrido, presidente da Federación Galega de Bandas de Gaita. Haberá unha coreografía cuns douscentos gaiteiros e un gaiteiro irlandés tocará a William Pipe, unha das gaitas máis complicadas de tocar.

«É o evento máis potente de gaitas de toda a península e quizás do mundo. Serve para potenciar as bandas de gaitas galegas», indicou Foxo. Hoxe emprégase a gaita galega e gales e tamén hai interese por ela e estúdase no Xapón.

O sábado o espectáculo comezará ás 16.52 horas para bandas de terceiro, cuarto e quinto grao. As do primeiro e segundo tocarán do domingo.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario