Publicidad

viernes, 21 de octubre de 2011

Concentracións e manifestacións en defensa dos nosos montes

Dende Amigos da Terra queremos apoiar as dúas concentracións e manifestacións en defensa dos nosos montes que terán lugar o vindeiro sábado 22 na localidade de Trives e na cidade de Ourense.

Concentración en Trives

O vindeiro sábado día 22 de outubro ás 12 do mediodía convócase unha concentración na praza do concello de Trives, na zona máis afectada pola vaga de lumes, en defensa dos nosos montes e para pedir solucións á Xunta para gandeiros e veciños afectados. Cóntese coa presenza de alcaldes de todo o macizo Central. Que non nos tomen máis o pelo, acudide!! Mentres Manzaneda arde Feijóo está recollendo votos pola Arxentina e o conselleiro Juárez por Madrid !!

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, asegura sentirse desamparado. O seu municipio forma xunto cos de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso o triángulo do Macizo Central onde a Xunta recoñece que se rexistrou un «gran incendio». «Non nos chegan os medios e a consellería dinos que fai o que está na súa man», comenta o rexedor. «Desde o 1 de outubro en que comezou a arder todo» non recibiu nin unha chamada de Medio Rural.

Onte tentou comunicarse co conselleiro, Samuel Juárez. Atendeuno «un secretario que me dixo que facían o que podían». Rodríguez alertou ao representante de Medio Rural de que «entre o tres municipios do Macizo Central queimáronse até agora 6.000 hectáreas», pero na Xunta «insisten en que non arderon máis de 2.000″. O Goberno galego informaba ao mediodía de onte de que se mantiñan activos os grandes lumes do Xurés e o Macizo Central pero non daba cifras da superficie queimada. Pola noite recoñeceu que, desde o venres, rexistráronse en Galicia 400 incendios, pero só deu información dunha vintena. Á vista da situación, o Ministerio de Defensa decidiu onte enviar 300 militares máis, que se suman aos 367 xa despregados.

Acode a Trives en defensa dos nosos montes!

Concentración-manifestación LUME NUNCA MÁIS

A PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO convoca a toda a cidadanía galega á unha manifestación que terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro na cidade de Ourense ás 19:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Parque de San Lázaro para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos e cidadás que conforman esta plataforma fan unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que se lerá durante a rolda.

Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas da Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Xosé Santos, axente forestal e Daniel Conde do 15M de Ourense.

A rolda de prensa será este venres 21 ás 12:00 na Praza Maior de Ourense.

Fuente: Mundo Galiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario