A decisión técnica de proxectar o trazado da futura A-76 a través de Ponferrada, O Barco e Monforte, evitando o interior da provincia de Ourense propiciou que a anterior Xunta licitase a redacción dun estudo informativo para a construción dunha vía de alta capacidade entre Trives e a futura A-76. Segundo as previsións que se manexan a A-76 leva camiño de demorar a súa execución máis alá do 2010 e o enlace dende Trives tamén carece dun prazo fixado. Pola contra aparecen reflectidos 56.000 euros para os 9 quilómetros da A-56 que unirán Ourense con Lugo e 36.000 euros para o enlace da A-52 co parque medioambiental de Carballeda de Avia. No proxecto orzamentario resérvanse 10.870.000 euros para a autovía entre Verín e a fronteira portuguesa, a piques de rematarse, e 100.000 para a circunvalación do Barco de Valdeorras. Os axentes económicos e sociais, como o grupo Galicia Interior do Eixo Atlántico, reclaman das administracións un maior esforzo inversor para conseguir salvar as diferenzas coa costa.
Fuente: Xornal de Galicia
Fuente: Xornal de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario