Publicidad

domingo, 22 de noviembre de 2009

Crearán unha web para relanzar a candidatura de Manuel Luís Acuña para o Día das Letras

Os promotores do congreso Manuel Luís Acuña crearán unha páxina web para dar a coñecer ao poeta trivés. Así se asegurou na clausura do cuarto simposio celebrado arredor da súa figura, e que este ano estivo dedicado á represión franquista.

«Era unha idea que xa existía, e que probablemente xa estaría en marcha se non tivera acontecido a moción de censura en Trives», asegurou Xoán Carlos Domínguez en resposta á proposta de Ramón Nicolás Rodríguez, que mostrou a súa estrañeza por esta ausencia e lembrou que a web creada sobre Uxío Novoneyra foi «de relevancia importante para que fora escollido para o Día das Letras». O tema foi recollido tamén por Francisco Fernández, da asociación Xudemecu (organizadora do congreso), que anunciou que se levará a cabo, «non para promover a candidatura, que xa está feita» pero si como unha maneira de relanzala.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario