Publicidad

viernes, 20 de noviembre de 2009

O congreso Manuel Luís Acuña rende homenaxe a Marcos Valcárcel

«Denunciar a inxustiza que supuxo a represión franquista para a educación» é o resumo, en palabras de Xosé Manuel Cid, do cuarto congreso Manuel Luís Acuña que onte comezou na Casa da Cultura de Trives (lugar ao que volveu trala polémica de hai tres anos, cando o goberno local impediu usar o espazo ao verse, segundo dixo daquela, desprazado da organización). Os tres días de conferencias deste ano están dedicados precisamente ás outras armas do franquismo, aquelas que coartaban a educación ou a literatura, labores nas que destacou o mestre trivés.

Pero non só el é o protagonista desta edición, os organizadores (por primeira vez a responsabilidade caeu na asociación Xudemecu, que preside Isabel González) quixeron ter un recordo especial ao escritor Marcos Valcárcel, fiel asistente aos tres congresos anteriores e que desta volta non pode asistir por problemas de saúde, mesma razón que aducía o fillo de Acuña, Ramón, para desculpar a súa ausencia. «Nunca agradecería dabondo o que facedes pola memoria de meu pai», trasladou aos presentes a través de Xoán Carlos Domínguez, membro dos comités organizador e científico.

Abriu fogo Francisco Fernández Rei, cunha conferencia titulada Prestixiando o galego: de Acuña a Valcárcel, centrada na construción do galego literario, do que formaron parte ambos autores e na que fixo un repaso pola evolución da lingua desde Rosalía ata os nosos días. De Acuña destacou que se enmarca «na etapa diferencialista, cun galego moi coidado no léxico, moito del tomado do portugués para diferenciarse das formas máis próximas ao castelán»; mentres que de Valcárcel asegurou que «usa un galego estándar; e sería un crime verlle dialectalismos ou castelanismos».

Seguiu despois María Xesús Souto, cunha numeración dos tipos de represión en Galicia, dos que numerou cinco: a oficial, a extraoficial, a simbólica, a oportunista e a psicolóxica. Foi o comezo de tres días de xornadas aso que asisten os escolares do instituto trivés e dúas ducias de alumnos da facultade de Educación.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario