Publicidad

domingo, 22 de noviembre de 2009

«É o único autor galego que concita o interese dos críticos nun congreso desde hai un decenio»

O profesor Ramón Nicolás Rodríguez foi o encargado de pechar a cuarta edición do congreso Manuel Luís Acuña. Un honor que segundo a organización recibe por ser precisamente «o maior coñecedor da obra do poeta trivés».

-Non é común que haxa tantos congresos sobre unha mesa figura.

-De feito, Acuña é o único autor galego que vén concitando os intereses dos críticos desde hai un decenio. Iso é novidoso e pouco común; o poder crear un congreso que vai poñendo a atención sobre Acuña arredor dun motivo que nos poida xuntar a todos.

-¿Que o fai tan especial?

-Era un poeta, un autor de minorías, que publicou un libro no ano 33. Ao final é o índice dunha xeración, da xeración da República, que viu truncada a súa vida polas circunstancias.

-¿Quedan aínda matices dos que falar?

-Eu creo que si. Eu teño participado nos catro, e antes incluso nalgún ciclo sobre Acuña, e sempre veño con algún material descoñecido e inédito. O caso de Acuña é único, por todo o que pode dar de si un poeta que só publicou unha obra (Fírgoas) en vida. Por iso creo que hai material para varios perfís, non só como poeta, senón tamén polas súas facetas política e docente.

-E sen presenza na rede.

-É doloroso que non haxa un soporte na rede que informe. Hai algo, pero é moi escaso, acaso dous parágrafos na Wikipedia, que, ademais, teñen varias incorreccións.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario