Publicidad

domingo, 8 de agosto de 2010

Núñez Feijoo apela á «estratexia» empresarial e resalta o apoio das consellerías a Manzaneda

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, que participou onte na festa das covas, en Vilamartín, falou por primeira vez sobre a destitución.

-¿Non lle parece extraño que se prescinda dunha persoa que conseguiu arranxar as contas dunha empresa que acumulou perdas durante moitos anos?

-A Xunta adopta decisións en función duns parámetros, e se se quere modificar a estratexia empresarial da estación de inverno está en todo o seu dereito. Da mesma forma que o nomea, pode cambiar e substituir. En todo caso, vamos esperar ao mércores, e supoño que o consello de administración de Meisa explicará cales son as razóns do cambio.

-Vostede dixo que non ía cambiar nada que funcionara e este xerente, según os datos que se coñecen, funcionaba con resultados.

-Nada que dicir das persoas que consiguen facer boas xestións, pero non se olvide que as boas xestións son a través dos ingresos que proporcionan as distintas consellerías da Xunta, sobre todo no último ano, no que todas as consellerías se volcaron coa estación de inverno de Manzaneda, e estou seguro de que se seguirán volcando.

-Seica vai ser sustituído Luis Manuel Gurriarán por un ex concelleiro do PP en Ourense, que quebrou a súa empresa hai pouco...

-Hai que esperar a que se celebre o consello de adminsitración, e que explique os cambios. Eu non formo parte, pero hai que respectar aos membros do consello. Insisto en que o importante é o compromiso da Xunta coa estación de inverno de Manzaneda, que non só se mantén, senon que se vai incrementar. Gracias.

Fuente: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario