Publicidad

lunes, 29 de agosto de 2011

Denuncian que o PPdG ataca aos maiores abandonandos na xestión da Residencia do Maior de Trives

Demandan aos responsábeis dos concellos da Mancomunidade “Navea-Bibei” a súa intervención e a destitución do concelleiro ao cargo

A CIG-Administración vén de denunciar a “desastrosa” xestión que se está a levar a cabo por parte do Presidente en funcións da Mancomunidade “Navea-Bibei” que comprende os Concellos de A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda, Higínio Cereijo, do PSOE, e a deixazón do resto dos Concelleiros dos distintos Concellos pertencentes a Mancomunidade que permiten que continúe ao mando desta institución de xeito provisorio, despois do cambio electoral que se produzo o 22 de maio nos 3 concellos afectados, e que leva a que algún concello, como o de Manzaneda, xa solicitara por escrito a súa desvinculación da Mancomunidade de Concellos “Navea-Bibei”.

A CIG-Administración de Ourense denuncia en concreto, a xestión que se está a levar na Residencia do Maior de Trives, dependente da Mancomunidade de Concellos “Navea-Bibei”. Residencia que, afirman, “acumula un sen número de casos de enchufismo, nepotismo, caciqueo e calquera outro cualificativo que se poida empregar para definir a actitude ditatorial do concelleiro do PSOE no Concello de Manzaneda, Higínio Cereijo, pasando por riba da Directora da Residencia e co beneplácito do representante do persoal do sindicato CC.OO, consciente de todas estas cacicadas”.

Denuncian o despedimento, o día 15 de agosto, da única enfermeira coa que contaba a Residencia de Maiores, por causas económicas e de organización, cando se atopaba de vacacións dende o día 1 de agosto, sen que fora substituída por outra profesional.

CIG-Administración manifesta que “a saúde dos nosos maiores non se pode medir por razóns económicas e non hai ningunha forma de organización máis importante que a garantía do benestar e da saúde dos maiores residentes na Residencia de Trives”.

Este tipo de prácticas, din, “son inadmisíbeis”, sobre todo cando se trata de un centro de atención tan específico como unha Residencia de Maiores e, engaden que “os cidadáns da comarca deben saber que 59 residentes dos que 34 son asistidos están sen eNFERMEIRA, porque o referido presidente en funcións procedeu á seu despido por causas económicas”.

Denuncian que Higinio Cereijo “fai e desfai o seu antollo, sen as mínimas normas e garantías legais, coma se do seu propio negocio se tratase sen reparar nas graves consecuencias que algunhas das súas decisións teñen na Residencia”, polo que exixen a súa inmediata dimisión, e demandan dos responsábeis dos concellos da Mancomunidade “Navea-Bibei” que “dunha vez por todas tomen cartas no asunto e destitúan a este concelleiro do cargo, xa que logo, os realmente prexudicados son as persoas maiores residentes na Residencia de Trives.”

Fuente: Xornal Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario